O pulmón verde da cidade de A Coruña, un itinerario descoñecido

O Camiño de Santiago, na etapa 7 do Camiño Inglés, comeza na Coruña e atravesa o pulmón verde desta cidade, que son os Xardíns de Méndez Núñez. Neste espazo fermoso poderemos contemplar o monumental tributo pétreo do escultor Asorey á figura de Curros Enríquez.
angela1

 

Cabe resaltar que, en épocas pasadas o verdadeiro Camiño Inglés non discorría por estes xardíns. Os peregrinos chegaban a través do porto á cidade da Coruña en barco e unha vez alí, acostumaban ir visitar a Igrexa de Santiago para darlle as grazas ó Apóstolo Santiago por chegar vivos. É neste punto onde comeza o oficil Camiño Inglés.  A continuación, atravesaban pola praza de María Pita, que é a praza pórtica máis importante da cidade. Logo, da praza de María pita, os peregrinos discorrían polas galerías da Mariña, atravesando a Rúa Real ata chegares ao Obelisco.

É aquí onde atopamos unha gran paradoxa, pois, antigamente, coñécese á perfección que o Camiño Inglés non discorría polos Xardíns de Mendez Núñez. Isto sábese porque, en épocas pasadas, esa zona onde agora se atopan os xardíns era mar. Sen embargo, na actualidade fálase de que o Camiño Inglés discorre polos xardíns, ben sexa por intereses turísticos de promoción da cidade ou  por razóns que se descoñecen. O que sí que está claro é que o camiño que ofrecen na actualidade non é o orixinal.

 

 

                                                                                                                                                 Ángela Palleiro Bertoa

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s