A peregrinaxe a ollos dun Obelisco

Un dos nove Camiños que agora mesmo e dende fai 3 anos teño máis preto de min é o Camiño Inglés ao seu paso pola cidade da Coruña. Non me queda moi claro cal é a ruta a seguir por este camiño xa que a penas se ven señalizacións: nin conchas, nin marcos, nin frechas amarelas. A pesar diso, A Coruña conta con certos monumentos da época do auxe do Camiño de Santiago (e inclusive anteriores a el) que servían como orientación para os primeiros peregrinos que aqui chegaban. Un dos monumentos básicos para a chegada destes peregrinos ao Porto da Coruña é o recoñecido faro romano, chamado Torre de Hércules. Os peregrinos na súa entrada á cidade, o que máis desexaban era agradecerlle ao Apóstol Santiago pola súa chegada sáns e salvos, polo que corrían á Igrexa de Santiago que se atopa preto da devandita Torre. Unha vez agradecida a súa chegada ao apóstol, proseguían coa peregrinaxe pola agora coñecida como “Cidade Vella” ata chegar a o segundo deses monumentos básicos para a súa orientación na Coruña, o chamado “Obelisco dos Cantóns”. Este monumento conmemorativo, mal chamado obelisco, conta na súa cúspide cunha veleta que indica a dirección do vento e ademáis na base ten inscritos os extremos meteorolóxicos da cidade. Posiblemente este pequeno elemento que agora é un máis no medio de tantos edificios, viu pasar por diante os primeiros peregrinos que chegaron a Coruña e consigo as súas razóns, os seus motivos para peregrinar e todas aquelas historias que se foron formando ó longo das súas camiñatas.

subirrrr

 

 

 

 

 

 

Alicia Iglesias Bañobre

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s