«Os Andrade» imprescindíbeis para o Camiño

A historia comeza coa necesidade de Galicia a ter un ídolo, un heroe capaz de alentar aos máis necesitados cando os musulmáns invadiron a Península, sobre todo ao sur.

Foi entón cando o actualmente coñecido como San Paio descubriu no século IX unhas luces no medio dun bosque chamado Libredón, que é o lugar no que actualmente se atopa a mundialmente recoñecida Catedral de Santiago. Cando San Paio decidiu avisar ao Obispo Teodomiro, éste afirmou que esas luces procedían da tumba do Apóstolo Santiago . O Rei Alfonso II decide peregrinar a Santiago de Compostela con todo o seu séquito creándose así o que agora é o Camiño Primitivo cara Santiago.

As peregrinacións comezan no ano 870 cando o boca-oído chega aos nosos veciños europeos, e foi no 1065 cando se produce a 1ª Gran Peregrinación na que máis de 2000 homes saen en dirección Santiago de Compostela atravesando Europa. A primeira imaxe dun peregrino sácase no 1100.

O fenómeno da peregrinación expandiuse ata crearse unha moi ampla rede de camiños como vemos hoxe en día, e con eles, os edificios creados en cada unha das rutas. Foi Fernando Pérez de Andrade, un señor que pasou á historia co alcume de «o Bo», quen fixo numerosas obras públicas, entre elas a ponte primitiva que unía o mesmo que segue a unir hoxe en día: Pontedeume con Cabanas, e que foi cruzada por milleiros de peregrinos. Eles sabíanse a cuberto de malfeitores e outros perigos cando vían na outra banda o pazo fortificado dos Andrade, chamado «do Conde». Ese pazo quedou derruido e no seu lugar quedou unha ampla plaza de mercado. Tan só quedou a pé a Torre Principal, resistindo ventos e treboadas ata que se rehabilitou, esta torre actualmente alberga a oficina local de turismo e unha exposición pictórica permanente e o centro de interpretación dos Andrade.

Alicia Iglesias Bañobre