FEIRA DO QUEIXO E PAN DE OUSÁ 2012

Cartel de la feria

Como tódolos anos a finais do mes de Marzo, neste caso o domingo día 25, vaise celebrar en Friol, localidade da provincia de Lugo, a “XX  Feira do Queixo e Pan de Ousá”, unha festa gastronómica declarada de Interese Turístico. Como friolense que son  animo á xente foránea a  achegarse á festa máis representativa do noso pequeno pobo. Dita feira terá lugar na praza de Andón Cebreiro, remodelada na súa totalidade este mesmo ano.

A continuación , cito o programa para que teñades coñecemento del:

Ás 10 da mañá procederase o lanzamento de fogos de artificio anunciando o comezo da feira, ás 10:30h asignaranse os Stands e ás 11:30h darase apertura á feira. Durante o día haberá pasarrúas a cargo de os CHARANGOS de NEDA, XESTA VERDE DE FRIOL e CHARANGA de VILALBA que continuarán ata as 14:30. Á media tarde, cara as 20:00h dará comezo a festa coa actuación da Orquestra GRAN PARADA. Finalmente sobre as 12 da noite rematará esta “XX Feira do Queixo e Pan de Ousá”

O largo do día poderase degustar de balde o queixo ou o pan e tamén comprar e levar para a casa algún que outro; tamén poderanse recorrer os distintos Stands como os de mostra de artesanía, roupa, etc; poderase degustar o polbo nos distintos postos ou visitar o recinto do mercado municipal, que se encontra nunha das saídas do pobo, para ver as distintas especies animais tanto de gando vacún, porcino ou equino, entre outras.

Prometo que non haberá  tempo a aburrirse, de maneira que…

¡Qué non cho conten, pásate!

Cristina Cabado  Pereira

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s