Cova do Rei Cintolo

Este fin de semana pasado decidín comentarlle a uns amigos de ir á Cova do Rei Cintolo xa que me enterara de que se volvera a abrir para visitas guiadas despois de un tempo que estivo cerrada. Esta cova atópase a tan só 10 minutos de Mondoñedo.

Todos sabíamos a teoría. Trátase dunha cova de máis de 6.000 metros de galerías, preséntase como o complexo kárstico máis grande de Galicia con estalactitas, estalagmitas, coladas, etc ; pero o mellor viña coa práctica. Cando chamamos para reservar á oficina de turismo de Mondoñedo informáronos de que levásemos calzado que non esvarase, roupa que non nos importase manchar e, si acaso, roupa para cambiarse tras a visita. Tras escoitar todo isto sabíamos que a visita non se ía quedar nun mero paseo.

O sábado á tarde dirixímonos á oficina de turismo de Mondoñedo donde o guía estábanos a esperar. Tivemos sorte, íamos disfrutar dunha visita personalizada para só nos cinco. Polo xeral as visitas están preparadas para un número máximo de 11 persoas e sóese cubrir o cupo. Collimos o coche e seguimos ao guía que nos foi indicando o camiño ata chegar a un sitio onde puidemos aparcar e onde se nos foi entregado un mono de celulosa, un casco con iluminación e uns guantes de coiro. Aínda quedaba un pequeno tramo a pé por un antigo camiño de pastores até chegar á cova. Ao chegar, o guía encendeu os nosos cascos con iluminación e adentrámonos na famososa Cova do Rei Cintolo, comenzando así unha visita de máis de unha hora onde superamos cantidade de obstáculos non moi difíciles e verdadeiramente divertidos, cos cales entendimos o porqué de levar roupa para cambiarse. Tamén puidemos contemplar todo tipo de espeleotemas; entre eles un pequeno lago que existe no interior da cova.

A experiencia foi moi positiva polo que vos animo a que visitedes esta cova e pasedes unha tarde entre a natureza e, porqué non, aproveitar e visitar o pobo de Mondoñedo con gran variedad de patrimonio cultural.

cova rei cintolo

Tania Hermida

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s