Un día grande

Por fin chegou o día que todos e todas esperabamos: o acto académico de Fin de Carreira dos alumnos da IX Promoción (2006-2009). Despois de tres anos estudando na Escola Universitaria de Turismo Da Universidade de A Coruña, esta mañá graduámonos.

O acto tivo lugar no Paraninfo, rectorado da nosa universidade. Uns máis que outros, pero todos moi nerviosos, pais, alumnos e profesores estabamos preparados para o comezo da cerimonia ás 12horas. Esperabase que todo saíse ben. O acto foi inagurado e cerrado pola Vicerretora de Calidade da Universidade de A Coruña. A continuación, Dona Mª Carmen Pardo López, a Secretaria Xeral para o Turismo deu unha conferencia. Despois, María Gajino, alumna e colaboradora do Blog Minimundos, amosou a súa valentía diante de todo o público cunha intervención moi oportuna en representación dos alumnos. Acto seguido intervíu o padriño da promoción, Roberto Rodríguez, o noso profesor de Dereito Tributario e Marco Legal que conseguíu que cada un de nós nos emocionaramos. Continuou o acto coa intervención do Director Xeral do CENP. Despois chegou o momento máis esperado da mañá, a entrega de diplomas conmemorativos a cada un dos alumnos. Carlos Rodríguez, Secretario do CENP encargouse de ir nomeando a cada un dos alumnos. Como clausura do acto, os alumnos erguémonos para afinalas nosas voces e cantar o himno universitario “Gaudeamus Igitur”.

Despois dirixímonos todos ata a cafetería do rectorado para degustar uns canapés e entremeses moi ricos. Pouco a pouco cada alumno foi marchando coa súa familia para comer reunidos e celebrar este día tan importante por todo o alto.

Por se isto fora pouco, esta noite temos unha cita profesores e alumnos no restaurante do Hotel Hesperia Fisterre, onde cearemos e despois recordaremos anécdotas que nos foron pasando nestes tres anos que, con momentos moi bos, pasamos todos xuntos. Tamén aproveitaremos que o hotel é noso ata as seis da madrugada para bailar e pasalo ben xa que pode ser a última vez que estemos todos xuntos. Cada un de nós tomará un camiño diferente, e quen sabe cal será o proxecto que empece ahora cada un de nós. Moita sorte a todos.

 Fátima Otero Budiño

DSC08749

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s