¡Xa temos pasarela no Ézaro!

¡Era hora! Xa temos pasarela de madeira para poder chegar á Fervenza. Agora xa non temos que saltar de pedra en pedra nin sortear as pozas. Camiñando por ésta pódese ir cómodamente e disfrutar da paixase que a rodea, ademais de ver os antigos muíños de río que se atopan ó carón do salto de auga.

As obras de mellora de acceso á Fervenza do Río Xallas non comprenden só a pasarela e unha grada de madeira ós pés da fervenza, senon que tamén se levou a cabo a posta dunha iluminación adecuada para que se poida disfrutar do salto de auga de noite, ampliándose así o prazo de apertura. Se tedes a oportunidade de acercarvos ó Ézaro, eu persoalmente, recoméndovos ver a Fervenza de noite, é moito máis impresionante.

Nas fotografías podedes comparar o paso do tempo que sufriu, gracias ó concello de Dumbría, a Fervenza do Ézaro.

¿Que onde está o Ézaro? Sitúase na provincia de A Coruña, na Costa da Morte, entre Fisterra e Muros. A 10 minutos de Cee. Espérovos ver por alí…

Ada González Fernández